O xoves 12 de decembro, o alumnado de 5º fomos de visita á Fundación Mª José Jove.
Alí, unha guía chamada Patricia foinos explicando diferentes linguaxes da arte a través dos cadros que había. Así descubrimos obras : realistas, abstractas, surrealistas, cubistas e expresionistas.
Ademais realizamos un xogo que consistía en atopar obras polo museo a partires de fragmentos delas.
Tamén vimos un documental sobre o planeta Terra, no que se foi facendo un percorrido polos distintos ecosistemas.
Foi un día moi especial. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.
Cremos que está moi ben facer este tipo de actividades. Así adquirimos máis cultura.
Recomendámosvos que o visitedes vós tamén.
Alumnado de 5º A



