jueves, 19 de junio de 2014

OUTRO COMPAÑEIRO ACTOR

Deixamos aquí este vídeo no que aparece un compañeiro da clase, Yeray. Está moi ben, amósanos que as persoas con síndrome Down teñen os mesmos desexos que calquera. 
E Yeray está estupendo! Noraboa!




miércoles, 11 de junio de 2014

O UNIVERSO E A TERRA

Facendo click na imaxe, accederás a actividades que te axudarán a repasar o traballado no tema do Sistema Solar e a Terra.


AS CAPAS DA TERRA

PARALELOS E MERIDIANOS



viernes, 16 de mayo de 2014

O CASTRO DE ELVIÑA

O martes, 12 de maio visitamos o veciño Castro de Elviña.  Aprendemos moitas cousas: é  da Idade de ferro, ten tres murallas defensivas, o seu alxibe é moi especial por ter escaleiras por dúas partes ademais de ser dos máis grandes que existen e nel atopáronse moitas pezas de cerámica e xoias de ouro. 
O certo foi que disfrutamos dunha saída na que tamén o tempo quixo acompañarnos e axudar a que todo fora ben.


viernes, 11 de abril de 2014

GAÑADORES DO CERTAME DE CINEOI 2014

Onte, 10 de abril, foi a final do certame de curtas en galego no que participou alumnado de 5º e 6º do noso colexio.
A curta de 5º foi seleccionada, con outras cinco, para presentarse á final que tivo lugar onte, na Escola Oficial de Idiomas de A Coruña. 
Nesta gala, a curtametraxe " Hipnonenos" foi elixida como gañadora desta certame na categoría infantil.

Noraboa a todos e todas os que fixestes posible isto (incluído Txabi, o mestre, por suposto).  

sábado, 22 de marzo de 2014

SAÍDA PARA DEBUXAR

O pasado mércores, 19 de marzo, saímos ata a Praza de Pablo Iglesias para facer unha actividade de Plástica: debuxar ao aire libre. Velaquí un pequeno vídeo de como estivo toda a clase. Portáronse de marabilla!

jueves, 13 de marzo de 2014

VAI DE CINEMA: "HIPNONENOS"

O alumnado de 5º que participou na actividade de curtametraxe, realizou como remate da actividade unha curtametraxe titulada "Hipnonenos".  
Paga a pena vela: eles foron os directores, produtores, cámaras, encargados de son, actores, etc... (guiados polo mestre que impartiu a actividade, por suposto.)
Velaquí o seu resultado.
Noraboa, artistas!




)  Se queredes ver curtas doutros grupos (incluído 6º do noso colexio), picade na palabra "linguas".

jueves, 6 de marzo de 2014

REPASANDO LINGUA CO LIBRO

Pica na imaxe, introduce o código 120448 e accede ás actividades para practicar o traballado na aula en Lingua Galega.


lunes, 10 de febrero de 2014

CASTROS GALEGOS

Actividade para coñecer un pouco máis dos nosos castros (Aínda que falte o Castro de Elviña, o noso veciño).

domingo, 9 de febrero de 2014

A PREHISTORIA

Aquí tedes un pequeno resumo do que foi a Prehistoria. Picando na imaxe accederedes a el.

jueves, 23 de enero de 2014

SOBRE A PAZ

Se queres coñecer máis sobre o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, só tes que picar na imaxe que aparece aquí e accederás a información e actividades ben interesantes.

domingo, 19 de enero de 2014

LA MATERIA Y SUS CAMBIOS

Pinchando en la fotografía accederás a unas divertidas actividades para conocer algo más sobre la materia.



SUDOKU

Para los que os gustan los juegos, aquí tenéis la posibilidad de divertiros ejercitando vuestro razonamiento. Sólo tenéis que pinchar en la imagen y elegir el nivel en el que deseáis jugar.
¡Adelante!

jueves, 16 de enero de 2014

FRACCIONES

Aunque a veces nos parecen difíciles, las fracciones son sencillas. Picando en estas imágenes accederás a unas páginas donde podrás practicar con ellas y descubrir que no son nada complicadas. ¡Anímate, verás como puedes!
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/carambolo/WEB%20JCLIC2/Agrega/Matematicas/Fraccion_y_numero_decimal-CONTENIDOS/contenido/mt10_oa01_es/index.html