viernes, 16 de mayo de 2014

O CASTRO DE ELVIÑA

O martes, 12 de maio visitamos o veciño Castro de Elviña.  Aprendemos moitas cousas: é  da Idade de ferro, ten tres murallas defensivas, o seu alxibe é moi especial por ter escaleiras por dúas partes ademais de ser dos máis grandes que existen e nel atopáronse moitas pezas de cerámica e xoias de ouro. 
O certo foi que disfrutamos dunha saída na que tamén o tempo quixo acompañarnos e axudar a que todo fora ben.


2 comentarios: